martes, 29 de outubro de 2019












O magosto é a festa por excelencia da castaña e celébrase entre o 1 de novembro e o 11 dese mesmo mes (entre todos os Santos e San Martiño)
Como o seu nome indica, arrinca magostando (recollendo) castañas nas leiras e nos montes e preparando as pequenas fogueiras onde se van a asar as castañas.

Por esas datas, fanse os zonchos.

Zonchos é o nome que reciben tradicionalmente en Galicia os colares realizados con castañas cocidas que os nenos fan e comen durante a festa do "magosto".

A BIBLIOTECA CONVOCA UN CONCURSO DE ZONCHOS

Bótalle imaxinación e fai a túa versión do colar tradicional.
Todos os colares deben estar feitos con castañas cocidas
Podes engadir os elementos que queiras: follas, doas de cores, pinturas, filigranas de metal, teas ou papel de cores...tí pos o límite!
Valorarase o colar que teña maior proporción de castañas e o máis orixinal.
Entregaranse na Biblioteca nos recreos entre o 1 e o 11 de Novembro.

Haberá grandes premios!







A BIBLIOTECA CONVOCA UN CONCURSO DE


COROAS DE DEFUNTOS



BASES



 Presentarase unha coroa por clase

O tempo para a preparación da actividade, pode ser nas Titorías, nos recreos na Biblioteca, ou en calquera outro momento no que o profesorado o autorice.

Os materiais podemos ofrecelos dende Plástica, a Biblioteca ou pode aportalo o alumnado.


As coroas poden ter o tamaño e a forma que se considere e poden estar feitas de calquera material preferentemente reciclado.


Se entregarán na Biblioteca durante os recreos con data límite o MARTES 5 DE NOVEMBRO e serán expostas na planta baixa do Instituto.


O xurado, composto por profesorado e alumnado reunirase o día 6 de novembro no primeiro recreo.


Valorará a creatividade, a orixinalidade, a dificultade de realización e os materiais empregados.


Como en anos anteriores o premio consistirá en diploma acreditativo e un convite a unha chocolatada.


martes, 22 de outubro de 2019



                  FORMACIÓN DE USUARIOS PARA O                                                 ALUMNADO DE PRIMEIRO


   Esta semana estamos levando a cabo unhas sesións formativas para dar a            coñecer a nosa Biblioteca ao alumnado de nova incorporación.

 Noraboa a todxs os participantes pola vosa acollida. Sería estupendo tervos moito por aquí.


                               

luns, 21 de outubro de 2019




O Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística convoca o concurso literario



OUTONO DE NOSO



BASES:

1. Participantes: toda a comunidade educativa, fundamentalmente o alumnado.

2. Obxectivos:

-Valorar as tradicións cun achegamento ás crenzas e xeito de vida dos nosos devanceiros.
-Desenvolver o gusto pola escrita creativa.
-Fomentar a imaxinación.

3. Temática: os temas serán os referidos á estación en que nos atopamos, o outono. Poden escoller as colleitas (a vendima, a castaña...) e, como axiña vén o mes de novembro, tradicións galegas: o Samaín, o Día de Defuntos e crenzas arredor da morte, gastronomía da época...

4. Presentación: as persoas participantes presentarán os traballos por escrito, ben sexa á man ou mecanografados, sempre con letra lexible.
Pódense presentar textos en prosa e verso, incluídos refráns e lendas.
As participacións recibiranse ata o 30 de outubro e haberá que entregalas na aula á profesora de galego ou nos recreos na biblioteca.

5. Resolución: na semana seguinte constitúese o xurado e entregaránselles diplomas e premios aos relatos ou poemas seleccionados.

6. Premios: establécense tres categorías.
Primeiro premio: valorado en 50 €
Segundo premio: valorado en 30 €
Terceiro premio: valorado en 20 €


Coa colaboración da Biblioteca do IESPAS












venres, 11 de outubro de 2019





NOVIDADES DE OUTONO


O Outono ven cargado de novidades á nosa Biblioteca.

Visítanos para coñecelas.