mércores, 22 de novembro de 2023

25 N

25 N Día contra a violencia de xénero Con motivo deste día, queremos darvos a coñecer a unha autora moi significativa para as nosas letras, que xa denunciaba a violencia de xénero cando non tiña nome, cando ninguén se atrevía aínda a falar dela... Tres fragmentos de tres contos vos esperan na biblio: adiviña os títulos, adiviña o nome da autora e adiviña a temática que relaciona os tres contos... SERÁS QUEN DE ADIVIÑAR? Na biblio tedes unhas tarxetiñas para escribir as vosas respostas e unha caixa para depositalas. ESTAMOS ESPERÁNDOVOS!!!

xoves, 9 de novembro de 2023

NOVOS DEPARTAMENTOS

Damos a benvida dende a Biblio aos novos departamentos que temos este curso... o Bacharelato fainos crecer e para crecer con forza sempre veñen ben os LIBROS! Novos exemplares para as áreas de FILOSOFÍA, ECONOMíA, LATÍN e GREGO!

martes, 7 de novembro de 2023

Contos de SAMAÍN (en colaboración co EDNL)

A semana pasada co motivo do Samaín celebrouse a entrega de premios do concurso de relatos organizado polo EDNL do noso centro... Deixámosvos unha testemuña gráfica!