martes, 15 de setembro de 2026

Nós temos a nosa BANDA (e tamén é DESEÑADA)

Benvid@s a un novo curso! A nosa biblio abrirá as portas para o noso alumnado a partir deste xoves 17 de setembro. Esperámosvos aquí. O noso primeiro escaparate está baseado nun traballo que fixeron o curso pasado no centro alumnos de 3º da ESO... porque ás veces nos olvidamos, pero temos verdadeiros artistas entre nós! (Grazas, Jorge, pola túa colaboración). Que teñades tod@s un bo curso 26_27.