luns, 17 de marzo de 2025

Día da POESÍA _ 21 de marzo

En homenaxe a Gata Cattana, ábrese na biblioteca un concurso de FOTOPOEMAS para celebrar o Día da Poesía. Non dubides en participar, a túa creatividade será premiada!

CLUB de LECTURA

No noso Club de lectura, Vanessa traballa arreo co noso alumnado facendo cousas moi divertidas. Deixamos aquí hoxe un exemplo da imaxinación que a nosa compañeira sempre ten en marcha a hora de dinamizar as actividades de lectura coa rapazada. GRAZAS sempre, Vane! KNOLLING de: El perro de los Baskerville (A. Conan Doyle) e Frankenstein (Mary Shelley).