martes, 25 de novembro de 2025

luns, 24 de novembro de 2025

Día da MÚSICA

O día 22 de novembro (día de santa Icía) celébrase o día da música e todos os anos no noso centro - grazas á colaboración de Pablo Veiga e o alumnado que se anima a participar - enchemos a nosa biblio de MÚSICA. Este ano non foi menos... Aínda mellor, porque tivemos incluso actuación dos profes. Grazas a tod@s pola vosa colaboración!!!

martes, 18 de novembro de 2025

Concurso 25 N

Con música todo resulta sempre mellor, así que, desta volta o concurso consiste en adiviñar a que tres cancións pertencen os tres versos expostos no escaparate da nosa biblio. Tedes a vosa disposición papeletas para solucionar o enigma e entrar nun sorteo que terá un único gañador, que será premiado cunha tarxeta de 50 euros do Media Markt. A ocasión merece o esforzo... Non é unha pesquisa complicada, agardámosvos na biblio!!!

venres, 14 de novembro de 2025

Concurso relatos de medo

O Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística (EDNL), en conxunto coa Biblioteca, organizou un concurso de relatos de medo co motivo do Samaín. A gañadora, escollida entre tres finalistas, recibiu de man de Karina (a nosa compañeira de galego coordinadora do EDNL) unha tarxeta de El Corte Inglés por valor de 50 euros. Rapazada, animádevos a participar no seguinte... Xa vos contaremos!

xoves, 6 de novembro de 2025

Stephen KING

Como o alumnado é o que "manda", dende a biblio atendimos ás múltiples peticións de lecturas sobre Stephen King,xenio fantástico da novela de terror, e imos prolongar o noso escaparate de Samaín coas novas adquisicións que fixemos... Estades tod@s convidados a disfrutar do medo!