mércores, 10 de outubro de 2018


Un ano máis dámosvos a benvida á bibioteca do IES de Pastoriza.
Vén mirar as nosas novidades

O equipo da biblioteca:

Este curso 2018-19 está formado polas seguintes profesoras:
  • Manoli Acuyo
  • Montse Collazo
  • Cruz Gabiola
  • Gloria del Pino López
O horario da biblioteca:

A biblioteca estará aberta durante todos os recreos, agás os días de reunión do Club de lectura que será de uso só para os participantes desta actividade.

Novos usuarios:

Xa están incorporados como novos lectores o novo profesorado e o alumnado que se incorporou este curso ao centro por primeira vez. O resto do profesorado e alumnado mantén o mesmo nº de lector que o curso pasado; non obstante, están colgadas no taboleiro de enfronte da biblioteca as listaxes de alumn@s por curso e grupo co correspondente nº de usuario. Así tamén temos unha copia na carpeta da mesa do profesor da biblioteca.

Club de lectura "A nora dos libros":

A coordinadora desta actividade é Gloria del Pino López.
Este ano temos dous agrupamentos diferentes segundo o nivel dos lectores; un para os cursos 1º e 2º  que comezarán coa lectura de El principito , unha novela de Antoine Saint-Exupéry e outro para 3º e 4º que lerán no primeiro trimestre El señor de las moscas de William Golding.

Préstamos:

Coma sempre os libros -tanto en papel como en ebook- préstanse 15 días e pódese renovar o préstamo por 15 máis, sempre e cando o libro non sexa de lectura obrigatoria para a clase, porque de ser así non se podería renovar.
As películas están clasificadas segundo a idade recomendada e só se prestan durante a fin de semana e terase en conta a idade do alumno que a solicita.

Tablets e ordenadores:

Os usuarios da biblioteca poden utilizar as tablet e ordenadores durante os recreos para consulta en sala (este material non se presta). Ten prioridade o alumnado que o demande para a realización de algún  traballo respecto a aqueles que só o usen para lecer.

Catálogo da biblioteca:

O catálogo da biblioteca está na rede e pode ser consultado dende calquera dispositivo.

Actividades da biblioteca:

Como todos os anos, promoveremos actividades das que seredes puntualmente informados. Esperamos a vosa participación, así como tamén que nos fagades partícipes das vosas preferencias e intereses.

O recuncho das linguas:

Este curso, igual que os anteriores, contamos cun faladoiro de inglés que estará dinamizado pola axudante de conversa Elizabeth Lee e desenvolverase os luns ás 10.20 no 1º recreo na zona de sofás, polo que este lugar queda reservado para este uso durante eses períodos.

O escritor do mes:

Este curso temos unha nova sección chamada O escritor do mes que terá presenza no taboleiro da biblioteca e tamén contará cunha sección en Radio Furoca.

Mesa de novidades:

Coma sempre, á entrada da biblioteca temos a mesa de novidades onde imos expoñendo os libros que chegan á nosa biblioteca.

Adquisición de novo material:

Temos unha caixa de suxestións na biblioteca, de xeito que podedes facernos saber os libros, películas ou xogos que sexan do voso interese e na medida das nosas posibilidades irémolos adquirindo. 





domingo, 24 de xuño de 2018

Viaxe do Club de lectura ao Dolmen de Dombate e ao Ecomuseo Forno do Forte en Buño.

O xoves 21 de xuño os alumnos e alumnas do Club de lectura do instituto realizamos unha excursión para celebrar o fin de curso ao Dolmen de Dombate e ao museo da olaría de Buño. Aquí deixamos unha mostra do que fixemos.

  

xoves, 7 de xuño de 2018

Visitas literarias

VISITAS LITERARIAS

Visitounos Antía Yáñez e realizou unha charla co alumnado de 1º e 2º de ESO e unha entrevista para a Radio Furoca


luns, 4 de xuño de 2018

III Xogos da furoca

III XOGOS da FUROCA

Maio
Grupo gañador da 3ª edición dos xogos:
 Floi 2.0 
Irene Boedo 3º B
Fátima Casás 3º B
Olga Domínguez 3º A
Laura Quintáns 3º B



Entrega de premios

Día do libro

23 de abril

 

IV Torneo de xadrez

IV TORNEO de XADREZ

Do 16 ao 20 de abril
1ª Premio: Artai Duarte
2º Premio: Franco del Villar



3º Premio: Gabriel Edreira



Podes ver todas as fotos premendo aquí

Rosalía de Castro

ROSALÍA DE CASTRO

24 de febreiro

Día dos namorados

14 de febreiro



Entroido

ENTROIDO

 

Nadal

BO NADAL!

 

Día contra a violencia machista

25 de noviembre