Un ano máis dámosvos a benvida á bibioteca do IES de Pastoriza.
Vén mirar as nosas novidades
O equipo da biblioteca:
Este curso 2018-19 está formado polas seguintes profesoras:
- Manoli Acuyo
- Montse Collazo
- Cruz Gabiola
- Gloria del Pino López
O horario da biblioteca:
A biblioteca estará aberta durante todos os recreos, agás os días de reunión do Club de lectura que será de uso só para os participantes desta actividade.
Novos usuarios:
Xa están incorporados como novos lectores o novo profesorado e o alumnado que se incorporou este curso ao centro por primeira vez. O resto do profesorado e alumnado mantén o mesmo nº de lector que o curso pasado; non obstante, están colgadas no taboleiro de enfronte da biblioteca as listaxes de alumn@s por curso e grupo co correspondente nº de usuario. Así tamén temos unha copia na carpeta da mesa do profesor da biblioteca.
Club de lectura "A nora dos libros":
A coordinadora desta actividade é Gloria del Pino López.
Este ano temos dous agrupamentos diferentes segundo o nivel dos lectores; un para os cursos 1º e 2º que comezarán coa lectura de El principito , unha novela de Antoine Saint-Exupéry e outro para 3º e 4º que lerán no primeiro trimestre El señor de las moscas de William Golding.
Préstamos:
Coma sempre os libros -tanto en papel como en ebook- préstanse 15 días e pódese renovar o préstamo por 15 máis, sempre e cando o libro non sexa de lectura obrigatoria para a clase, porque de ser así non se podería renovar.
As películas están clasificadas segundo a idade recomendada e só se prestan durante a fin de semana e terase en conta a idade do alumno que a solicita.
Tablets e ordenadores:
Os usuarios da biblioteca poden utilizar as tablet e ordenadores durante os recreos para consulta en sala (este material non se presta). Ten prioridade o alumnado que o demande para a realización de algún traballo respecto a aqueles que só o usen para lecer.
Catálogo da biblioteca:
O catálogo da biblioteca está na rede e pode ser consultado dende calquera dispositivo.
Actividades da biblioteca:
Como todos os anos, promoveremos actividades das que seredes puntualmente informados. Esperamos a vosa participación, así como tamén que nos fagades partícipes das vosas preferencias e intereses.
O recuncho das linguas:
Este curso, igual que os anteriores, contamos cun faladoiro de inglés que estará dinamizado pola axudante de conversa Elizabeth Lee e desenvolverase os luns ás 10.20 no 1º recreo na zona de sofás, polo que este lugar queda reservado para este uso durante eses períodos.
O escritor do mes:
Este curso temos unha nova sección chamada O escritor do mes que terá presenza no taboleiro da biblioteca e tamén contará cunha sección en Radio Furoca.
Mesa de novidades:
Coma sempre, á entrada da biblioteca temos a mesa de novidades onde imos expoñendo os libros que chegan á nosa biblioteca.
Adquisición de novo material:
Temos unha caixa de suxestións na biblioteca, de xeito que podedes facernos saber os libros, películas ou xogos que sexan do voso interese e na medida das nosas posibilidades irémolos adquirindo.