mércores, 19 de febreiro de 2020



                        DENDE O 14 DE FEBREIRO,

                            ATOPANDO O AMOR

                                NA BIBLIOTECA

                                  Queres dicir o que sentes e non sabes como facelo?
                                  Estás desexando vivir unha bonita historia de amor?
                                  Non sabes como ligar, mais gustaríache aprender?

                                              A RESPOSTA ESTÁ NOS LIBROS.



venres, 20 de decembro de 2019

Felices Festas dende a Biblioteca do IES de Pastoriza

 
              Que o Ano 2020 vos leve por camiños de felicidade, 
              e que os libros vos axuden a non apartarvos deles. 


                  

Entrega dos Premios de Narrativa Breve H.P. Lovecraft



                     O alumnado de 3º ESO participou nun concurso de CREEPYPASTAS inspirados no                             imaxinario de Lovecraft, que foi o noso escritor durante do mes en Novembro.
             
                     Tiñan que crear un relato breve de medo en Lingua Inglesa, e traducilo ao Rhyelian;
                      un idioma creado por Lovecraft presente en moitas das súas creacións.

                     As gañadoras foron Uxía Calvete de 3º B e Aitana Real de 3ºC, que posan cos seus
                     premios. PARABENS!
         




                                                                     

           
           

martes, 19 de novembro de 2019


             

   Bernardo Atxaga. Premio Nacional de las Letras 2019.

                                Joan Margarit. Premio Cervantes 2019




...
...aquí deixo o meu coñecimento
cifrado en letras cegas
que o tempo ha destruír
ou tal vez un recendo se demore
neste espazo que entinto neste rastro de beizo e salgadura
Livro das devoracións. Pilar Pallarés.
Premio Nacional de Poesía 2019.

venres, 8 de novembro de 2019







Xa hai gañadora! 4ºA. NORABOA!!







                 
                     


                      As arrepiantes coroas de difuntos decoran a                                          entrada do IES de Pastoriza.

martes, 29 de outubro de 2019












O magosto é a festa por excelencia da castaña e celébrase entre o 1 de novembro e o 11 dese mesmo mes (entre todos os Santos e San Martiño)
Como o seu nome indica, arrinca magostando (recollendo) castañas nas leiras e nos montes e preparando as pequenas fogueiras onde se van a asar as castañas.

Por esas datas, fanse os zonchos.

Zonchos é o nome que reciben tradicionalmente en Galicia os colares realizados con castañas cocidas que os nenos fan e comen durante a festa do "magosto".

A BIBLIOTECA CONVOCA UN CONCURSO DE ZONCHOS

Bótalle imaxinación e fai a túa versión do colar tradicional.
Todos os colares deben estar feitos con castañas cocidas
Podes engadir os elementos que queiras: follas, doas de cores, pinturas, filigranas de metal, teas ou papel de cores...tí pos o límite!
Valorarase o colar que teña maior proporción de castañas e o máis orixinal.
Entregaranse na Biblioteca nos recreos entre o 1 e o 11 de Novembro.

Haberá grandes premios!







A BIBLIOTECA CONVOCA UN CONCURSO DE


COROAS DE DEFUNTOS



BASES



 Presentarase unha coroa por clase

O tempo para a preparación da actividade, pode ser nas Titorías, nos recreos na Biblioteca, ou en calquera outro momento no que o profesorado o autorice.

Os materiais podemos ofrecelos dende Plástica, a Biblioteca ou pode aportalo o alumnado.


As coroas poden ter o tamaño e a forma que se considere e poden estar feitas de calquera material preferentemente reciclado.


Se entregarán na Biblioteca durante os recreos con data límite o MARTES 5 DE NOVEMBRO e serán expostas na planta baixa do Instituto.


O xurado, composto por profesorado e alumnado reunirase o día 6 de novembro no primeiro recreo.


Valorará a creatividade, a orixinalidade, a dificultade de realización e os materiais empregados.


Como en anos anteriores o premio consistirá en diploma acreditativo e un convite a unha chocolatada.


martes, 22 de outubro de 2019



                  FORMACIÓN DE USUARIOS PARA O                                                 ALUMNADO DE PRIMEIRO


   Esta semana estamos levando a cabo unhas sesións formativas para dar a            coñecer a nosa Biblioteca ao alumnado de nova incorporación.

 Noraboa a todxs os participantes pola vosa acollida. Sería estupendo tervos moito por aquí.


                               

luns, 21 de outubro de 2019




O Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística convoca o concurso literario



OUTONO DE NOSO



BASES:

1. Participantes: toda a comunidade educativa, fundamentalmente o alumnado.

2. Obxectivos:

-Valorar as tradicións cun achegamento ás crenzas e xeito de vida dos nosos devanceiros.
-Desenvolver o gusto pola escrita creativa.
-Fomentar a imaxinación.

3. Temática: os temas serán os referidos á estación en que nos atopamos, o outono. Poden escoller as colleitas (a vendima, a castaña...) e, como axiña vén o mes de novembro, tradicións galegas: o Samaín, o Día de Defuntos e crenzas arredor da morte, gastronomía da época...

4. Presentación: as persoas participantes presentarán os traballos por escrito, ben sexa á man ou mecanografados, sempre con letra lexible.
Pódense presentar textos en prosa e verso, incluídos refráns e lendas.
As participacións recibiranse ata o 30 de outubro e haberá que entregalas na aula á profesora de galego ou nos recreos na biblioteca.

5. Resolución: na semana seguinte constitúese o xurado e entregaránselles diplomas e premios aos relatos ou poemas seleccionados.

6. Premios: establécense tres categorías.
Primeiro premio: valorado en 50 €
Segundo premio: valorado en 30 €
Terceiro premio: valorado en 20 €


Coa colaboración da Biblioteca do IESPAS












venres, 11 de outubro de 2019





NOVIDADES DE OUTONO


O Outono ven cargado de novidades á nosa Biblioteca.

Visítanos para coñecelas.