luns, 11 de setembro de 2023
CURSO 2023_24
De la biblioteca en el ángulo oscuro
de sus dueños tal vez olvidados
silenciosos y cubiertos de polvo
veíanse los libros...
RAPAZADA! Estamos reorganizando a nosa biblio para poder disfrutar ao máxima dela, así que permanecerá pechada ata o venres 29 de setembro, día incluido.
Iniciaremos o noso novo percorrido, en horario de lecer, a partir do luns 2 de outubro.
ESPERÁMOSVOS a TOD@S!!!
mércores, 17 de maio de 2023
Pastoriza FEST
ACHÉGASE O FIN DE CURSO!
Que che parece se o último día montamos un gran festival?
Para iso precisamos da túa axuda... Apúntate antes do 31 de maio! Fala co teu titor ou titora contándolle que é o que che gustaría facer a ti. Contamos coa vosa participación... doutra maneira non poderemos levar a cabo o noso plan!!!
venres, 26 de novembro de 2021
25 de Novembro na Biblioteca
Un ano mais, conmemoramos o 25 de Novembro na Biblioteca con exposicicións e traballos do alumnado desexando que esta data
quede no olvido canto antes. Nin unha menos!
venres, 17 de setembro de 2021
TEMPO DE REENCONTROS.
Voltamos ás aulas como cada ano, con enerxía e ilusión.
Estamos actualizando as bases de datos de usuarios e ultimando detalles para abrir de novo nos recreos.
Desexando reencontranos con tod@s.
Moita forza!
mércores, 28 de abril de 2021
CAMPAÑA MANS CONTRA A VIOLENCIA
Mans que acariñan.
Mans que falan.
Mans que collen outras mans.
Mans que din BASTA!
Necesitamos todas as mans para parar a violencia na escola
Necesitamos as túas mans.
Fai un selfie da túa man coa túa mensaxe contra a violencia na escola.
Garda a foto como jpeg.
Envíanola por email a este enderezo antes do 7 de Maio.
biblioteca@iesdepastoriza.edu.es
Faremos un collage moi grande con todas as mans.
Necesitamos a túa!
martes, 27 de abril de 2021
CLUB DE LECTURA
O día do libro celebramos unha xuntanza para comentar o libro "The catcher in the rye".
Entregamos agasallos a todxs xs asistentes.
Xa temos propostas para o seguinte libro.
Vémonos pronto!
luns, 19 de abril de 2021
CLUB DE LECTURA DE PROFES DO IESPAS
Entregado o agasallo da semana do libro aos participantes no club de lectura de profes de este curso.
Trátase do libro El Arte, de Juanjo Sáez. Noraboa aos participantes. Vémonos na seguinte xuntanza do mes de Maio. Na foto, Josefa e Alejandro recollendo os seus exemplares.
martes, 13 de abril de 2021
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)