luns, 2 de marzo de 2026

Entrega de Premios Concurso Rosalía de Castro

Grazas a tod@s pola vosa colaboración. O premiado resultou ser un alumno de 4º ESO B, que levou un poemario de Emma Pedreira, unha memoria externa para o teléfono móbil e unha taciña de almorzo moi bonita. Esperámosvos na biblio!

domingo, 8 de febreiro de 2026

Día de Rosalía_23 de febreiro

Este curso celébrase na Biblioteca o III Certame do Concurso Das poetas do XIX ás do século XXI: como escusa para traer a Rosalía de Castro hoxe ao noso escaparate, ideamos este concurso fai xa tres anos + tedes tres pistas para adiviñar que poeta (ou poetisa, como prefirades) galega actual está agochada detrás do noso interrogante + o concurso será resolto o luns 23 de febreiro + profes, vós tamén poderedes participar aínda que non optaredes ao premio..., que desta volta será sorpresa. E deixemos que a poesía coe nas ringleiras das nosas vidas un verso de cando en cando.
Grazas o departamento de LGL por compartir con nós os traballos feitos polo alumnado de 3º ESO:

sábado, 17 de xaneiro de 2026

Do MANGA á NOVELA GRÁFICA

Xa temos novo escaparate na biblio: Ás veces entendemos mellor a Historia contada a través de imaxes e outras veces só queremos desconectar lendo imaxes con historias... Pasade pola biblio e levade o que queirades!

venres, 12 de decembro de 2025

BO NADAL!

Desexámonos BO NADAL dende a Biblioteca! Montamos un escaparate con series xuvenís de aventuras que cremos que son un agasallo xenial para estas vacacións de Nadal... Convidamos a todos os alumnos a pasar por aquí para que collan emprestado o que consideren e disfruten da lectura durante os próximos quince días (poden, como sempre, levar ata 3 libros). FELICES FESTAS A TOD@S!

martes, 25 de novembro de 2025

luns, 24 de novembro de 2025

Día da MÚSICA

O día 22 de novembro (día de santa Icía) celébrase o día da música e todos os anos no noso centro - grazas á colaboración de Pablo Veiga e o alumnado que se anima a participar - enchemos a nosa biblio de MÚSICA. Este ano non foi menos... Aínda mellor, porque tivemos incluso actuación dos profes. Grazas a tod@s pola vosa colaboración!!!

martes, 18 de novembro de 2025

Concurso 25 N

Con música todo resulta sempre mellor, así que, desta volta o concurso consiste en adiviñar a que tres cancións pertencen os tres versos expostos no escaparate da nosa biblio. Tedes a vosa disposición papeletas para solucionar o enigma e entrar nun sorteo que terá un único gañador, que será premiado cunha tarxeta de 50 euros do Media Markt. A ocasión merece o esforzo... Non é unha pesquisa complicada, agardámosvos na biblio!!!

venres, 14 de novembro de 2025

Concurso relatos de medo

O Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística (EDNL), en conxunto coa Biblioteca, organizou un concurso de relatos de medo co motivo do Samaín. A gañadora, escollida entre tres finalistas, recibiu de man de Karina (a nosa compañeira de galego coordinadora do EDNL) unha tarxeta de El Corte Inglés por valor de 50 euros. Rapazada, animádevos a participar no seguinte... Xa vos contaremos!

xoves, 6 de novembro de 2025

Stephen KING

Como o alumnado é o que "manda", dende a biblio atendimos ás múltiples peticións de lecturas sobre Stephen King,xenio fantástico da novela de terror, e imos prolongar o noso escaparate de Samaín coas novas adquisicións que fixemos... Estades tod@s convidados a disfrutar do medo!

martes, 28 de outubro de 2025

martes, 21 de outubro de 2025

Punto de actualidade

Ven ler a prensa á biblio! Non só temos La voz de Galicia e La opinión, tamén a nosa revista Furoca informa, que conta xa con dúas edicións (curso 23_24 e 24_25).

martes, 14 de outubro de 2025

PREMIO NOBEL de LITERATURA 2025

Dende a nosa biblio queremos reivindicar a importancia da literatura universal con este escaparate adicado aos premios Nobel da Literatura. Fixemos unha escolma dalgunhas das obras que atesoramos nos nosos andeis e esperamos con verdadeira curiosidade que chegue as nosas mans algún título do escritor premiado nesta última edición: László Krasznahorkai

martes, 30 de setembro de 2025

martes, 10 de xuño de 2025

xoves, 1 de maio de 2025

IDENTIDADES

A rapazada de 1º de Bacharelato de Historia do mundo contemporáneo realizou unha interesante exposición que leva o título de IDENTIDADES e que está exposta na biblio. Grazas, rapaces e grazas, Carmela.

Exposición do PROXECTO COMPETENCIAL Taller de creación literaria

Esta nova exposición presenta os traballos que @s alumn@s de 1º de ESO fixeron durante a segunda avaliación. Grazas rapazada e grazas Rebeca.

PREMIOS do concurso RECOMENDA o teu LIBRO FAVORITO

Adxuntamos foto das faixas gañadoras e da entrega de premios. Grazas a tod@s pola vosa participación.

domingo, 30 de marzo de 2025

Premios concurso FOTOPOEMAS

Homenaxeada Gata Cattana a través dos vosos fotopoemas - moitas grazas a todos por participar, fixestedes cousas preciosas -, entregamos os premios do concurso do Día da poesía este venres 28 de marzo.