martes, 19 de novembro de 2019
martes, 29 de outubro de 2019
O
magosto é a festa por excelencia da castaña e celébrase entre o 1
de novembro e o 11 dese mesmo mes (entre todos os Santos e San
Martiño)
Como
o seu nome indica, arrinca magostando (recollendo) castañas nas
leiras e nos montes e preparando as pequenas fogueiras onde se van a
asar as castañas.
Por
esas datas, fanse os zonchos.
Zonchos
é o nome que reciben tradicionalmente en Galicia os colares
realizados con castañas cocidas que os nenos fan e comen durante a
festa do "magosto".
A
BIBLIOTECA CONVOCA UN CONCURSO DE ZONCHOS
Bótalle
imaxinación e fai a túa versión do colar tradicional.
Todos
os colares deben estar feitos con castañas cocidas
Podes
engadir os elementos que queiras: follas, doas de cores, pinturas,
filigranas de metal, teas ou papel de cores...tí pos o límite!
Valorarase
o colar que teña maior proporción de castañas e o máis orixinal.
Entregaranse
na Biblioteca nos recreos entre o 1 e o 11 de Novembro.
Haberá
grandes premios!
A
BIBLIOTECA CONVOCA UN CONCURSO DE
COROAS
DE DEFUNTOS
BASES
Presentarase
unha coroa por clase
Os materiais podemos ofrecelos dende Plástica, a Biblioteca ou pode aportalo o alumnado.
As coroas poden ter o tamaño e a forma que se considere e poden estar feitas de calquera material preferentemente reciclado.
Se entregarán na Biblioteca durante os recreos con data límite o MARTES 5 DE NOVEMBRO e serán expostas na planta baixa do Instituto.
O xurado, composto por profesorado e alumnado reunirase o día 6 de novembro no primeiro recreo.
Valorará a creatividade, a orixinalidade, a dificultade de realización e os materiais empregados.
Como en anos anteriores o premio consistirá en diploma acreditativo e un convite a unha chocolatada.
martes, 22 de outubro de 2019
luns, 21 de outubro de 2019
O
Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística convoca o
concurso literario
OUTONO
DE NOSO
BASES:
1.
Participantes: toda a comunidade educativa, fundamentalmente o
alumnado.
2.
Obxectivos:
-Valorar
as tradicións cun achegamento ás crenzas e xeito de vida dos nosos
devanceiros.
-Desenvolver
o gusto pola escrita creativa.
-Fomentar
a imaxinación.
3.
Temática:
os temas serán os referidos á estación en que nos atopamos, o
outono. Poden escoller as colleitas (a
vendima, a castaña...)
e, como axiña vén o mes de novembro, tradicións galegas: o Samaín,
o Día de Defuntos e crenzas arredor da morte, gastronomía da
época...
4.
Presentación:
as persoas participantes presentarán os traballos por escrito, ben
sexa á man ou mecanografados, sempre con letra lexible.
Pódense
presentar textos en prosa e verso, incluídos refráns e lendas.
As
participacións recibiranse ata o 30 de outubro e haberá que
entregalas na aula á profesora de galego ou nos recreos na
biblioteca.
5.
Resolución:
na
semana seguinte constitúese o xurado e entregaránselles diplomas e
premios aos relatos ou poemas seleccionados.
6.
Premios:
establécense tres categorías.
Primeiro
premio: valorado en 50 €
Segundo
premio: valorado en 30 €
Terceiro
premio: valorado en 20 €
Coa
colaboración da Biblioteca do IESPAS
martes, 18 de xuño de 2019
ESTE VERÁN, PÁSAO MOI BEN
E NON TE ESQUEZAS DE LER

Consulta as suxestións da Biblioteca premendo aquí
luns, 17 de xuño de 2019
VII Concurso de poesía escolar Rosalía de Castro
Parabéns Sara Silva dos Santos!!!!
O
día 3 de xuño a Fundación Rosalía de Castro deu a coñecer as
premiadas e premiados no VII Concurso de Poesía Escolar Rosalía de
Castro para o alumnado de Secundaria e Bacharelato, entre os que se
atopaba a nosa alumna de 1º B Sara Silva Dos Santos, que obtivo o
primeiro accésit na categoría de primeiro ciclo de ESO.
Os
premios foron entregados o día 7 de xuño no auditorio da Casa-Museo
de Rosalía en Padrón, a onde a alumna asistiu a recoller o premio e
foi acompañada pola xefa do Departamento de Lingua e literatura
galega do IES de Pastoria, Margarita Fernández Ledo e pola súa
profesora de lingua galega, Carmen Pardo Arriví .
No
acto de entrega de premios leu o seu poema “Luz/escuridade,
baleiro/luz”.
Parabéns,
Sara !
I-LUZ
/ ESCURIDADE
No
medio das tebras vin unha luz
que
conseguiu cegarme,
esa
luz sempre me acompaña
alá
onde vaia.
Grazas
a ela …
síntome
protexida e forte,
porque
é luz,
é
espada,
é
escudo ,
afasta
de min a escuridade
e
non deixo que me alcance,
non
deixarei que iso aconteza,
antes
tería que pisarme,
camiñar
sobre min.
Mais
pouco a pouco a escuridade chega,
consómeme,
rodéame
dun mal que me acompaña.
Non
puiden aturar máis
e
aínda que a intentaba afastar,
non
conseguín nada,
só
ficar rendida,
deixar
que me venza.
Pouco
a pouco, paseniñamente,
pecho
os ollos ,
ata
que chego a un punto en que por fin durmo…
II-BALEIRO/LUZ
Sinto
un baleiro no meu interior ,
onde
me vai o corazón ?
Non
escoito os seus latexos.
Racharon
o meu corazón,
con
crueldade, con rabia.
Sinto
que me arrancaron
algo
que me fai moita falta ,
non
sei que facer neste abandono.
Visualizo
o horizonte,
non
queda nada,
desexaría
estar perdida naquela illa.
Non
podo moverme, estou paralizada,
sinto
o meu corazón baleiro,
non
sei o que é amar .
Mais
a luz sempre regresa de novo ,
ilumina
o meu corazón,
doulle
as grazas .
Agora
podo vivir amablemente,
regalar
un sorriso.
Preto
desa luz síntome segura e protexida,
dáme
calor e esperanza
e
sigo adiante,
érgome
,
deixo
que agrome en min a alegría
e
percorro o camiño ...
Sara Silva dos
Santos
1º
B ESO
luns, 3 de xuño de 2019
O valo de Carlos Labraña
Marwan, un meniño de apenas catro anos, cruzou coa súa familia o deserto, fuxindo da guerra de Siria.
O alumnado de 1º de ESO asistiu á representación d´O Valo no auditorio de Meicende, unha obra que nos fai refexionar sobre as guerras, o drama dos refuxiados e os valos, muros e fronteiras que dividen o mundo.
Nese día puidemos asistir á representación teatral, levada a cabo polo propio autor da peza -Carlos Labraña- que deu corpo e voz ao espírito do deserto e Pablo Núñez Otero no papel de soldadiño.
Despois da representación teatral, o alumnado do IES de Pastoriza puido dialogar co autor e comentar tanto cuestións relacionadas coa creación da peza teatral, como aspectos referidos á súa posta en escena.
Con esta obra teatral Carlos Labraña gañou o IX Premio de Literatura Dramática Infantil 2016.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)