martes, 18 de novembro de 2025

Concurso 25 N

Con música todo resulta sempre mellor, así que, desta volta o concurso consiste en adiviñar a que tres cancións pertencen os tres versos expostos no escaparate da nosa biblio. Tedes a vosa disposición papeletas para solucionar o enigma e entrar nun sorteo que terá un único gañador, que será premiado cunha tarxeta de 50 euros do Media Markt. A ocasión merece o esforzo... Non é unha pesquisa complicada, agardámosvos na biblio!!!

venres, 14 de novembro de 2025

Concurso relatos de medo

O Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística (EDNL), en conxunto coa Biblioteca, organizou un concurso de relatos de medo co motivo do Samaín. A gañadora, escollida entre tres finalistas, recibiu de man de Karina (a nosa compañeira de galego coordinadora do EDNL) unha tarxeta de El Corte Inglés por valor de 50 euros. Rapazada, animádevos a participar no seguinte... Xa vos contaremos!

xoves, 6 de novembro de 2025

Stephen KING

Como o alumnado é o que "manda", dende a biblio atendimos ás múltiples peticións de lecturas sobre Stephen King,xenio fantástico da novela de terror, e imos prolongar o noso escaparate de Samaín coas novas adquisicións que fixemos... Estades tod@s convidados a disfrutar do medo!

martes, 28 de outubro de 2025

martes, 21 de outubro de 2025

Punto de actualidade

Ven ler a prensa á biblio! Non só temos La voz de Galicia e La opinión, tamén a nosa revista Furoca informa, que conta xa con dúas edicións (curso 23_24 e 24_25).

martes, 14 de outubro de 2025

PREMIO NOBEL de LITERATURA 2025

Dende a nosa biblio queremos reivindicar a importancia da literatura universal con este escaparate adicado aos premios Nobel da Literatura. Fixemos unha escolma dalgunhas das obras que atesoramos nos nosos andeis e esperamos con verdadeira curiosidade que chegue as nosas mans algún título do escritor premiado nesta última edición: László Krasznahorkai

martes, 30 de setembro de 2025

martes, 10 de xuño de 2025

xoves, 1 de maio de 2025

IDENTIDADES

A rapazada de 1º de Bacharelato de Historia do mundo contemporáneo realizou unha interesante exposición que leva o título de IDENTIDADES e que está exposta na biblio. Grazas, rapaces e grazas, Carmela.

Exposición do PROXECTO COMPETENCIAL Taller de creación literaria

Esta nova exposición presenta os traballos que @s alumn@s de 1º de ESO fixeron durante a segunda avaliación. Grazas rapazada e grazas Rebeca.

PREMIOS do concurso RECOMENDA o teu LIBRO FAVORITO

Adxuntamos foto das faixas gañadoras e da entrega de premios. Grazas a tod@s pola vosa participación.