mércores, 15 de maio de 2024

DÍA das LETRAS GALEGAS_ 17 de MAIO: LUÍSA VILLALTA

Xustiza poética e Concurso de centóns Xustiza poética: collaxes do alumnado e biografías das autoras homenaxeadas. Concurso de centóns: creacións poéticas con versos elexidos. MOI FELIZ DÍA DAS NOSAS LETRAS A TOD@S!

luns, 29 de abril de 2024

Xeografía e Historia na biblio

Pasade a ver o noso novo escaparate... Temos expostos algúns traballos de alumnos de 1º da ESO! E quitamos dos andeis algúns títulos que poden resultarvos interesantes... Esperámosvos!

luns, 22 de abril de 2024

Troco de libros

Ao longo de toda esta semana, como parte das celebracións propias do DÍA do LIBRO e en colaboración co EDNL, imos ter na biblio un caixón con libros aos que podedes acceder se a cambio traedes un voso da casa, que xa teñades lido... Pasade pola bibio e contámosvos como vai!!! FELIZ semana do LIBRO a TOD@S!!

luns, 8 de abril de 2024

DÍA do LIBRO (23 de abril)

Haberá concurso...
Xa temos gañadores!!! Primeiro premio (100 euros para gastar no Media Markt): "El mar es muy grande y un bote es pequeño y difícil de ver, dijo el viejo" El viejo y el mar de Ernest Hemingway (Rubén Blanco Regueira, 1º BAC B) Segundo premio (50 euros para gastar no Media Markt): "Nada debe ser temido, sólo debe ser entendido. Ahora es el momento de entender más, para que podamos temer menos", La casa de los espíritus de Isabel Allende (Khadi Soule, 2º ESO A).

xoves, 14 de marzo de 2024

Premio concurso Rosalía de Castro

Xa foi entregado o premio do concurso e tivo a sorte de levalo Antía, alumna de segundo de bacharelato! Moitas grazas Antía e moitas grazas a tod@s os que participachedes... xa vai andando polo mundo máis poesía de Yolanda Castaño! Exemplares tamén temos na biblioteca, para tod@s aquel@s que queirades curiosear!

mércores, 6 de marzo de 2024

Concurso Rosalía de Castro: Do século XIX ao século XXI

De poeta a poeta, temos a fortuna de contar con grandes mulleres poetas na actualidade. Estudiou Filoloxía na Universidade da Coruña, traballou no programa Cifras e Letras da TVG e gañou no 2023 o PREMIO NACIONAL DE POESÍA. Grazas polas túas creacións, YOLANDA CASTAÑO.

23 F Día de ROSALÍA de CASTRO

Celebrando a creación literaria da nosa poeta máis grande. Grazas, rapazada, por compartir con nós.

mércores, 17 de xaneiro de 2024

ESCAPE ROOM na BIBLIO

Os rapaces e rapazas do Club de Lectura participaron nun Escape Room inspirado na obra Matar a un ruiseñor da autora Harper Lee.

luns, 8 de xaneiro de 2024

Lecturas da segunda avaliación

FELIZ ANO A TOD@S! Xa foron saíndo hoxe lecturas das que tedes que realizar na segunda avaliación... pasade pola BIBLIOTECA antes de que as leven todas!

mércores, 13 de decembro de 2023

CLUB DE LECTURA

Queremos deixarvos algunhas fotos das reunións que estamos facendo no CLUB de LECTURA... grazas a todos os que participades!! E a seguir rodando... que se o mundo se acaba, nos colla LENDO!