venres, 25 de outubro de 2024
venres, 11 de outubro de 2024
Premios NOBEL da LITERATURA 2024
Onte deuse a coñecer o nome do novo premio NOBEL da LITERATURA: HAN KANG
Compartimos con vós os tesouros que temos na biblio.
mércores, 25 de setembro de 2024
CURSO 2024-25
BENVID@S A TOD@S!
A NOSA BIBLIO abriu a segunda semana de clase... e xa temos moito movemento por aquí!
Iniciamos o curso cun escaparate das obras máis lidas o curso pasado...
Fixemos promoción aula a aula da HORA de LER que iniciaremos a partir de outubro...
Abriuse xa o periodo de inscripción para os CLUBs de LECTURA deste novo curso...
Comezamos a mercar material novo...
Faremos a semana próxima a Formación de usurios para o novo alumnado de 1º de ESO... E xa estamos pensando en cousiñas para o Samaín!
Recordade: na BIBLIO tod@s sodes BENVID@S!
mércores, 12 de xuño de 2024
mércores, 15 de maio de 2024
DÍA das LETRAS GALEGAS_ 17 de MAIO: LUÍSA VILLALTA
Xustiza poética e Concurso de centóns
Xustiza poética: collaxes do alumnado e biografías das autoras homenaxeadas.
Concurso de centóns: creacións poéticas con versos elexidos.
MOI FELIZ DÍA DAS NOSAS LETRAS A TOD@S!
luns, 29 de abril de 2024
Xeografía e Historia na biblio
Pasade a ver o noso novo escaparate... Temos expostos algúns traballos de alumnos de 1º da ESO! E quitamos dos andeis algúns títulos que poden resultarvos interesantes... Esperámosvos!
luns, 22 de abril de 2024
Troco de libros
Ao longo de toda esta semana, como parte das celebracións propias do DÍA do LIBRO e en colaboración co EDNL, imos ter na biblio un caixón con libros aos que podedes acceder se a cambio traedes un voso da casa, que xa teñades lido... Pasade pola bibio e contámosvos como vai!!! FELIZ semana do LIBRO a TOD@S!!
luns, 8 de abril de 2024
DÍA do LIBRO (23 de abril)
Haberá concurso...
Xa temos gañadores!!!
Primeiro premio (100 euros para gastar no Media Markt): "El mar es muy grande y un bote es pequeño y difícil de ver, dijo el viejo" El viejo y el mar de Ernest Hemingway (Rubén Blanco Regueira, 1º BAC B)
Segundo premio (50 euros para gastar no Media Markt): "Nada debe ser temido, sólo debe ser entendido. Ahora es el momento de entender más, para que podamos temer menos", La casa de los espíritus de Isabel Allende (Khadi Soule, 2º ESO A).
mércores, 20 de marzo de 2024
xoves, 14 de marzo de 2024
Premio concurso Rosalía de Castro
Xa foi entregado o premio do concurso e tivo a sorte de levalo Antía, alumna de segundo de bacharelato! Moitas grazas Antía e moitas grazas a tod@s os que participachedes... xa vai andando polo mundo máis poesía de Yolanda Castaño! Exemplares tamén temos na biblioteca, para tod@s aquel@s que queirades curiosear!
mércores, 6 de marzo de 2024
Concurso Rosalía de Castro: Do século XIX ao século XXI
De poeta a poeta, temos a fortuna de contar con grandes mulleres poetas na actualidade.
Estudiou Filoloxía na Universidade da Coruña, traballou no programa Cifras e Letras da TVG e gañou no 2023 o PREMIO NACIONAL DE POESÍA.
Grazas polas túas creacións, YOLANDA CASTAÑO.
mércores, 17 de xaneiro de 2024
ESCAPE ROOM na BIBLIO
Os rapaces e rapazas do Club de Lectura participaron nun Escape Room inspirado na obra Matar a un ruiseñor da autora Harper Lee.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)