luns, 24 de febreiro de 2025

Resolto o concurso de Rosalía de Castro

Concurso resolto e deserto... Gardamos os premios para outra ocasión... Estades tod@s convidad@s a coñecer a poesía de DORES TEMBRÁS!

sábado, 15 de febreiro de 2025

23 F DÍA de ROSALÍA de CASTRO

Coa finalidade de homenaxear a nosa gran poeta, celebramos a segunda edición do noso concurso Das poetas do século XIX ás poetas do século XXI. Estades tod@s @s alumn@s convidad@s a participar... Pasade pola biblio e no escaparate atoparedes as tres pistas que vos levarán a solucionar o enigma. O luns 24 de febreiro farase entrega dos premios: - Haberá un primeiro premio: agasallo dunha tarxeta do Mediamarkt por valor de 50 euros. - E un segundo premio: poemario da poeta do século XIX. Esperamosvos na biblio!!!

martes, 11 de febreiro de 2025

Día das MULLERES e das NENAS na CIENCIA

Temos unha escolma preciosa no escaparate da nosa biblio dos traballos que @s alumn@s fixeron para celebrar este día. Grazas departamento de Física e Química!

luns, 13 de xaneiro de 2025

POEMAS OBXECTO (De todo corazón_ 111 poemas de amor)

Feliz ano novo a tod@! Na biblio comezamos a segunda avaliación con escaparate novo: os alumnos do Proxecto competencial de 1º de ESO (Taller creativo de literatura) crearon poemas obxecto a partir de poemas recollidos no poemario De todo corazón_ 111 poemas de amor. Moitas grazas, rapaces, e moitas grazas, Rebeca.

venres, 13 de decembro de 2024

BO NADAL!

Dende a nosa biblio queremos desexarvos felices festas cos mellores agasallos de Nadal que coñecemos: OS LIBROS! Mercamos estes días obras novas de poesía, de narrativa, de ciencia e de banda deseñada... Estades todos convidados a participar delas. BO NADAL!!!

venres, 22 de novembro de 2024

Día da MÚSICA (Santa Icía)

A música encheu a nosa biblioteca grazas a labor do noso compañeiro Pablo e do alumnado que quiso compartir as súas habilidades musicais con nós! GRAZAS a tod@s e feliz día da MÚSICA!!

venres, 25 de outubro de 2024

venres, 11 de outubro de 2024

Premios NOBEL da LITERATURA 2024

Onte deuse a coñecer o nome do novo premio NOBEL da LITERATURA: HAN KANG Compartimos con vós os tesouros que temos na biblio.

mércores, 25 de setembro de 2024

CURSO 2024-25

BENVID@S A TOD@S! A NOSA BIBLIO abriu a segunda semana de clase... e xa temos moito movemento por aquí! Iniciamos o curso cun escaparate das obras máis lidas o curso pasado... Fixemos promoción aula a aula da HORA de LER que iniciaremos a partir de outubro... Abriuse xa o periodo de inscripción para os CLUBs de LECTURA deste novo curso... Comezamos a mercar material novo... Faremos a semana próxima a Formación de usurios para o novo alumnado de 1º de ESO... E xa estamos pensando en cousiñas para o Samaín! Recordade: na BIBLIO tod@s sodes BENVID@S!

mércores, 15 de maio de 2024

DÍA das LETRAS GALEGAS_ 17 de MAIO: LUÍSA VILLALTA

Xustiza poética e Concurso de centóns Xustiza poética: collaxes do alumnado e biografías das autoras homenaxeadas. Concurso de centóns: creacións poéticas con versos elexidos. MOI FELIZ DÍA DAS NOSAS LETRAS A TOD@S!