martes, 28 de outubro de 2025
martes, 21 de outubro de 2025
Punto de actualidade
Ven ler a prensa á biblio!
Non só temos La voz de Galicia e La opinión, tamén a nosa revista Furoca informa, que conta xa con dúas edicións (curso 23_24 e 24_25).
martes, 14 de outubro de 2025
PREMIO NOBEL de LITERATURA 2025
Dende a nosa biblio queremos reivindicar a importancia da literatura universal con este escaparate adicado aos premios Nobel da Literatura. Fixemos unha escolma dalgunhas das obras que atesoramos nos nosos andeis e esperamos con verdadeira curiosidade que chegue as nosas mans algún título do escritor premiado nesta última edición: László Krasznahorkai
martes, 30 de setembro de 2025
martes, 10 de xuño de 2025
Mes de xuño_ Mes LGTBI. Na BIBLIO cabemos tod@s!
Apiques de acabar o curso, presentamos o noso último escaparate...Moito ánimo a tod@s nesta recta final!
martes, 20 de maio de 2025
xoves, 1 de maio de 2025
IDENTIDADES
A rapazada de 1º de Bacharelato de Historia do mundo contemporáneo realizou unha interesante exposición que leva o título de IDENTIDADES e que está exposta na biblio.
Grazas, rapaces e grazas, Carmela.
Exposición do PROXECTO COMPETENCIAL Taller de creación literaria
Esta nova exposición presenta os traballos que @s alumn@s de 1º de ESO fixeron durante a segunda avaliación. Grazas rapazada e grazas Rebeca.
PREMIOS do concurso RECOMENDA o teu LIBRO FAVORITO
Adxuntamos foto das faixas gañadoras e da entrega de premios.
Grazas a tod@s pola vosa participación.
martes, 8 de abril de 2025
domingo, 30 de marzo de 2025
Premios concurso FOTOPOEMAS
Homenaxeada Gata Cattana a través dos vosos fotopoemas - moitas grazas a todos por participar, fixestedes cousas preciosas -, entregamos os premios do concurso do Día da poesía este venres 28 de marzo.
luns, 17 de marzo de 2025
Día da POESÍA _ 21 de marzo
En homenaxe a Gata Cattana, ábrese na biblioteca un concurso de FOTOPOEMAS para celebrar o Día da Poesía. Non dubides en participar, a túa creatividade será premiada!
CLUB de LECTURA
No noso Club de lectura, Vanessa traballa arreo co noso alumnado facendo cousas moi divertidas. Deixamos aquí hoxe un exemplo da imaxinación que a nosa compañeira sempre ten en marcha a hora de dinamizar as actividades de lectura coa rapazada. GRAZAS sempre, Vane!
KNOLLING de: El perro de los Baskerville (A. Conan Doyle) e Frankenstein (Mary Shelley).
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)




















