mércores, 28 de abril de 2021

CAMPAÑA MANS CONTRA A VIOLENCIA

Mans que acariñan. Mans que falan. Mans que collen outras mans. Mans que din BASTA! Necesitamos todas as mans para parar a violencia na escola Necesitamos as túas mans. Fai un selfie da túa man coa túa mensaxe contra a violencia na escola. Garda a foto como jpeg. Envíanola por email a este enderezo antes do 7 de Maio. biblioteca@iesdepastoriza.edu.es Faremos un collage moi grande con todas as mans. Necesitamos a túa!

martes, 27 de abril de 2021

CLUB DE LECTURA

O día do libro celebramos unha xuntanza para comentar o libro "The catcher in the rye". Entregamos agasallos a todxs xs asistentes. Xa temos propostas para o seguinte libro. Vémonos pronto!

luns, 19 de abril de 2021

 

CLUB DE LECTURA DE PROFES DO IESPAS

Entregado o agasallo da semana do libro aos participantes no club de lectura de profes de este curso.

Trátase do libro El Arte, de Juanjo Sáez. Noraboa aos participantes. Vémonos na seguinte xuntanza do mes de Maio. Na foto, Josefa e Alejandro recollendo os seus exemplares.




 


SEMANA DO LIBRO

O Club de Lectura organizou unha exposición na entrada do Instituto con anacos de textos escollidos polo profesorado e o alumnado de entre as súas lecturas favoritas. ¿Cal é a túa?


 


 

SEMANA DO LIBRO

Inauguramos a semana do libro coa exposición "VOA COS LIBROS": Unha escolma de novela gráfica manga, banda deseñada e textos clásicos de entre os moitos que temos na nosa Biblioteca.

        Achegádevos a coñocer estes tesouros que farán voar a vosa imaxinación! 


        


 


O IES de Pastoriza nos encontros PLAMBE 2021

Un ano mais participamos nos encontros PLAMBE que este ano estrearon formato virtual.

Aprendimos moitas cousas que iremos compartindo convosco. Na foto, o noso Conselleiro, que foi o encargado de inaugurar as xornadas.

Vémonos o ano que vén!



martes, 13 de abril de 2021

 ENTREGADOS OS PREMIOS DO          CONCURSO DE PODCAST       

"DIME QUE ME QUERES"

                        Entregamos premios a todxs xs participantes. Grazas pola vosa coaboración!
 

martes, 9 de marzo de 2021






8 DE MARZO



 

                                        Un ano máis, o 8 de Marzo estivo presente na Biblioteca.
                                        Parabens a todas!

 

 


                                           CLUBE DE LECTURA DE PROFES



                        Por iniciativa da coordinadora, este ano creouse un club de lectura de profes.

                        Imos polo segundo libro. No primeiro trimestre tocounos "Vestido de Novia"

                        de Pierre Lemaitre.

                        Este trimestre andamos mergullados na lectura de"Perdida" de Gillian Flynn.

                        Por causa da pandemia, facemos reunións virtuáis: un tempo de encontro ó 

                        redor da  literatura que todxs agradecemos. 

                

                                                  


xoves, 18 de febreiro de 2021

ATA SEMPRE, JOAN MARGARIT

 

LA LIBERTAD

Es la razón de nuestra vida,
dijimos, estudiantes soñadores.
La razón de los viejos, matizamos ahora,
su única y escéptica esperanza.
La libertad es un extraño viaje.
Son las plazas de toros con las sillas
sobre la arena en las primeras elecciones.
Es el peligro que, de madrugada,
nos acecha en el metro,
son los periódicos al fin de la jornada.
La libertad es hacer el amor en los parques.
Es el alba de un día de huelga general.
Es morir libre. Son las guerras médicas.
Las palabras República y Civil.
Un rey saliendo en tren hacia el exilio.
La libertad es una librería.
Ir indocumentado.
Las canciones prohibidas.
Una forma de amor, la libertad.
 

martes, 9 de febreiro de 2021

CONCURSO DE PODCASTS: DIME QUE ME QUERES 





            Bases:

  1. Obxectivo: Contribuír a desenvolver a capacidade expresiva, a orixinalidade creativa e a educación emocional.

  2. Participantes: O concurso está aberto a todo o alumnado, e haberá dúas categorías:

    A) Primeiro e segundo de ESO,

    B) Terceiro e cuarto.

  3. Pódense presentar podcasts individuáis ou colectivos.

  4. Cada participante ou grupo, deberá crear un deseño único para este concurso coas seguintes características:

    -Trátase de facer unha declaración de amor ou de amizade a unha persoa real ou imaxinaria.

    - Pódese empregar o galego, español, inglés ou francés indistintamente.

    - O podcast non pode durar máis de tres minutos.

  5. Prazo e modalidade de entrega: o ficheiro débese enviar antes do 18 de febreiro antes das 11:15 ao enderezo de correo biblioteca@iesdepastoriza.edu.es

  6. No asunto débese indicar a categoría: A (primeiro e segundo)  ou B (teceiro e cuarto). Non esquezades escribir o nome do participante ou do colectivo.

        Haberá grandes premios!

mércores, 20 de xaneiro de 2021

 


Audiolibros en inglés en Open Culture


           Neste enderezo podes atopar 1000 audiolibros gratuitos dos máis coñecidos títulos

           de todos os  tempos. Por probar non perdes nada! Anímate!

    

             https://www.openculture.com/freeaudiobooks


 


martes, 13 de outubro de 2020

 







¡ABRIMOS!




Hoxe no recreo abrimos as nosas portas nun esforzo por manter a nosa actividade presencial.
Sen a vosa colaboración non vai ser posible, así que vos pedimos 
moito respeto ás novas normas que vos fomos explicando polas aulas. 
Estamos desexando vervos de novo.
¡Pronto volveremos con moitas actividades!