CONCURSO DE PODCASTS: DIME QUE ME QUERES
Bases:
Obxectivo: Contribuír a desenvolver a capacidade expresiva, a orixinalidade creativa e a educación emocional.
Participantes: O concurso está aberto a todo o alumnado, e haberá dúas categorías:
A) Primeiro e segundo de ESO,
B) Terceiro e cuarto.
Pódense presentar podcasts individuáis ou colectivos.
Cada participante ou grupo, deberá crear un deseño único para este concurso coas seguintes características:
-Trátase de facer unha declaración de amor ou de amizade a unha persoa real ou imaxinaria.
- Pódese empregar o galego, español, inglés ou francés indistintamente.
- O podcast non pode durar máis de tres minutos.
Prazo e modalidade de entrega: o ficheiro débese enviar antes do 18 de febreiro antes das 11:15 ao enderezo de correo biblioteca@iesdepastoriza.edu.
es. No asunto débese indicar a categoría: A (primeiro e segundo) ou B (teceiro e cuarto). Non esquezades escribir o nome do participante ou do colectivo.
Haberá grandes premios!
Ningún comentario:
Publicar un comentario