venres, 6 de outubro de 2023

Queres formar parte da sociedade máis letrada do noso IES? Arranca o club de lectura!

O vindeiro luns, 9 de outubro (no primeiro recreo), terá lugar a primeira reunión do Club de Lectura de 1º e 2º da ESO. Será un primeiro trimestre cheo de intriga e investigación. A primeira lectura que escollemos para este primeiro trimestre é un clásico do misterio: 'Asasinato no Orient Express', de Agatha Cristie.

O martes desa mesma semana (tamén no primeiro recreo) xúntase o alumnado máis maior do clube de lectura (3º e 4º da ESO e mailos bacharelatos). A lectura en común que se propón para este primeiro trimestre é 'Matar a un reiseñor', de Harper Lee

Os profes tampouco quedan fóra do club. Para eles a primeira xuntanza ha ser o 2 de decembro. Benvidas e benvidos todos á sociedade máis letrada deste centro!

luns, 11 de setembro de 2023

CURSO 2023_24

De la biblioteca en el ángulo oscuro de sus dueños tal vez olvidados silenciosos y cubiertos de polvo veíanse los libros... RAPAZADA! Estamos reorganizando a nosa biblio para poder disfrutar ao máxima dela, así que permanecerá pechada ata o venres 29 de setembro, día incluido. Iniciaremos o noso novo percorrido, en horario de lecer, a partir do luns 2 de outubro. ESPERÁMOSVOS a TOD@S!!!

mércores, 17 de maio de 2023

Pastoriza FEST

ACHÉGASE O FIN DE CURSO! Que che parece se o último día montamos un gran festival? Para iso precisamos da túa axuda... Apúntate antes do 31 de maio! Fala co teu titor ou titora contándolle que é o que che gustaría facer a ti. Contamos coa vosa participación... doutra maneira non poderemos levar a cabo o noso plan!!!

venres, 26 de novembro de 2021

25 de Novembro na Biblioteca

Un ano mais, conmemoramos o 25 de Novembro na Biblioteca con exposicicións e traballos do alumnado desexando que esta data quede no olvido canto antes. Nin unha menos!

venres, 17 de setembro de 2021

TEMPO DE REENCONTROS.

Voltamos ás aulas como cada ano, con enerxía e ilusión. Estamos actualizando as bases de datos de usuarios e ultimando detalles para abrir de novo nos recreos. Desexando reencontranos con tod@s. Moita forza!

mércores, 28 de abril de 2021

CAMPAÑA MANS CONTRA A VIOLENCIA

Mans que acariñan. Mans que falan. Mans que collen outras mans. Mans que din BASTA! Necesitamos todas as mans para parar a violencia na escola Necesitamos as túas mans. Fai un selfie da túa man coa túa mensaxe contra a violencia na escola. Garda a foto como jpeg. Envíanola por email a este enderezo antes do 7 de Maio. biblioteca@iesdepastoriza.edu.es Faremos un collage moi grande con todas as mans. Necesitamos a túa!

martes, 27 de abril de 2021

CLUB DE LECTURA

O día do libro celebramos unha xuntanza para comentar o libro "The catcher in the rye". Entregamos agasallos a todxs xs asistentes. Xa temos propostas para o seguinte libro. Vémonos pronto!

luns, 19 de abril de 2021

 

CLUB DE LECTURA DE PROFES DO IESPAS

Entregado o agasallo da semana do libro aos participantes no club de lectura de profes de este curso.

Trátase do libro El Arte, de Juanjo Sáez. Noraboa aos participantes. Vémonos na seguinte xuntanza do mes de Maio. Na foto, Josefa e Alejandro recollendo os seus exemplares.




 


SEMANA DO LIBRO

O Club de Lectura organizou unha exposición na entrada do Instituto con anacos de textos escollidos polo profesorado e o alumnado de entre as súas lecturas favoritas. ¿Cal é a túa?


 


 

SEMANA DO LIBRO

Inauguramos a semana do libro coa exposición "VOA COS LIBROS": Unha escolma de novela gráfica manga, banda deseñada e textos clásicos de entre os moitos que temos na nosa Biblioteca.

        Achegádevos a coñocer estes tesouros que farán voar a vosa imaxinación! 


        


 


O IES de Pastoriza nos encontros PLAMBE 2021

Un ano mais participamos nos encontros PLAMBE que este ano estrearon formato virtual.

Aprendimos moitas cousas que iremos compartindo convosco. Na foto, o noso Conselleiro, que foi o encargado de inaugurar as xornadas.

Vémonos o ano que vén!



martes, 13 de abril de 2021

 ENTREGADOS OS PREMIOS DO          CONCURSO DE PODCAST       

"DIME QUE ME QUERES"

                        Entregamos premios a todxs xs participantes. Grazas pola vosa coaboración!