O vindeiro luns, 9 de outubro (no primeiro recreo), terá lugar a primeira reunión do Club de Lectura de 1º e 2º da ESO. Será un primeiro trimestre cheo de intriga e investigación. A primeira lectura que escollemos para este primeiro trimestre é un clásico do misterio: 'Asasinato no Orient Express', de Agatha Cristie.
O martes desa mesma semana (tamén no primeiro recreo) xúntase o alumnado máis maior do clube de lectura (3º e 4º da ESO e mailos bacharelatos). A lectura en común que se propón para este primeiro trimestre é 'Matar a un reiseñor', de Harper Lee.
Os profes tampouco quedan fóra do club. Para eles a primeira xuntanza ha ser o 2 de decembro. Benvidas e benvidos todos á sociedade máis letrada deste centro!
Ningún comentario:
Publicar un comentario