mércores, 6 de marzo de 2024
Concurso Rosalía de Castro: Do século XIX ao século XXI
De poeta a poeta, temos a fortuna de contar con grandes mulleres poetas na actualidade.
Estudiou Filoloxía na Universidade da Coruña, traballou no programa Cifras e Letras da TVG e gañou no 2023 o PREMIO NACIONAL DE POESÍA.
Grazas polas túas creacións, YOLANDA CASTAÑO.
mércores, 17 de xaneiro de 2024
ESCAPE ROOM na BIBLIO
Os rapaces e rapazas do Club de Lectura participaron nun Escape Room inspirado na obra Matar a un ruiseñor da autora Harper Lee.
luns, 8 de xaneiro de 2024
Lecturas da segunda avaliación
FELIZ ANO A TOD@S!
Xa foron saíndo hoxe lecturas das que tedes que realizar na segunda avaliación... pasade pola BIBLIOTECA antes de que as leven todas!
venres, 15 de decembro de 2023
mércores, 13 de decembro de 2023
CLUB DE LECTURA
Queremos deixarvos algunhas fotos das reunións que estamos facendo no CLUB de LECTURA... grazas a todos os que participades!! E a seguir rodando... que se o mundo se acaba, nos colla LENDO!
mércores, 22 de novembro de 2023
25 N
25 N Día contra a violencia de xénero
Con motivo deste día, queremos darvos a coñecer a unha autora moi significativa
para as nosas letras, que xa denunciaba a violencia de xénero cando non tiña
nome, cando ninguén se atrevía aínda a falar dela... Tres fragmentos de tres
contos vos esperan na biblio: adiviña os títulos, adiviña o nome da
autora e adiviña a temática que relaciona os tres contos... SERÁS
QUEN DE ADIVIÑAR? Na biblio tedes unhas tarxetiñas para escribir as vosas
respostas e unha caixa para depositalas. ESTAMOS ESPERÁNDOVOS!!!
xoves, 9 de novembro de 2023
NOVOS DEPARTAMENTOS
Damos a benvida dende a Biblio aos novos departamentos que temos este curso... o
Bacharelato fainos crecer e para crecer con forza sempre veñen ben os LIBROS!
Novos exemplares para as áreas de FILOSOFÍA, ECONOMíA, LATÍN e GREGO!
martes, 7 de novembro de 2023
Contos de SAMAÍN (en colaboración co EDNL)
A semana pasada co motivo do Samaín celebrouse a entrega de premios do concurso de relatos organizado polo EDNL do noso centro... Deixámosvos unha testemuña gráfica!
luns, 23 de outubro de 2023
mércores, 18 de outubro de 2023
BIBLIOTECA ABERTA
ASÍ VAI A NOSA BIBLIO ESTE NOVO CURSO!
Despois de facer a formación de ususarios coa rapazada de 1º da ESO a nosa biblio recobrou o espíritu de antaño e volve a encherse en cada recreo.
AQUÍ ESTAMOS... Sodes tod@s BENVIDOS!
venres, 6 de outubro de 2023
Queres formar parte da sociedade máis letrada do noso IES? Arranca o club de lectura!
O vindeiro luns, 9 de outubro (no primeiro recreo), terá lugar a primeira reunión do Club de Lectura de 1º e 2º da ESO. Será un primeiro trimestre cheo de intriga e investigación. A primeira lectura que escollemos para este primeiro trimestre é un clásico do misterio: 'Asasinato no Orient Express', de Agatha Cristie.
O martes desa mesma semana (tamén no primeiro recreo) xúntase o alumnado máis maior do clube de lectura (3º e 4º da ESO e mailos bacharelatos). A lectura en común que se propón para este primeiro trimestre é 'Matar a un reiseñor', de Harper Lee.
Os profes tampouco quedan fóra do club. Para eles a primeira xuntanza ha ser o 2 de decembro. Benvidas e benvidos todos á sociedade máis letrada deste centro!
luns, 11 de setembro de 2023
CURSO 2023_24
De la biblioteca en el ángulo oscuro
de sus dueños tal vez olvidados
silenciosos y cubiertos de polvo
veíanse los libros...
RAPAZADA! Estamos reorganizando a nosa biblio para poder disfrutar ao máxima dela, así que permanecerá pechada ata o venres 29 de setembro, día incluido.
Iniciaremos o noso novo percorrido, en horario de lecer, a partir do luns 2 de outubro.
ESPERÁMOSVOS a TOD@S!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)