xoves, 18 de febreiro de 2021

ATA SEMPRE, JOAN MARGARIT

 

LA LIBERTAD

Es la razón de nuestra vida,
dijimos, estudiantes soñadores.
La razón de los viejos, matizamos ahora,
su única y escéptica esperanza.
La libertad es un extraño viaje.
Son las plazas de toros con las sillas
sobre la arena en las primeras elecciones.
Es el peligro que, de madrugada,
nos acecha en el metro,
son los periódicos al fin de la jornada.
La libertad es hacer el amor en los parques.
Es el alba de un día de huelga general.
Es morir libre. Son las guerras médicas.
Las palabras República y Civil.
Un rey saliendo en tren hacia el exilio.
La libertad es una librería.
Ir indocumentado.
Las canciones prohibidas.
Una forma de amor, la libertad.
 

martes, 9 de febreiro de 2021

CONCURSO DE PODCASTS: DIME QUE ME QUERES 





            Bases:

  1. Obxectivo: Contribuír a desenvolver a capacidade expresiva, a orixinalidade creativa e a educación emocional.

  2. Participantes: O concurso está aberto a todo o alumnado, e haberá dúas categorías:

    A) Primeiro e segundo de ESO,

    B) Terceiro e cuarto.

  3. Pódense presentar podcasts individuáis ou colectivos.

  4. Cada participante ou grupo, deberá crear un deseño único para este concurso coas seguintes características:

    -Trátase de facer unha declaración de amor ou de amizade a unha persoa real ou imaxinaria.

    - Pódese empregar o galego, español, inglés ou francés indistintamente.

    - O podcast non pode durar máis de tres minutos.

  5. Prazo e modalidade de entrega: o ficheiro débese enviar antes do 18 de febreiro antes das 11:15 ao enderezo de correo biblioteca@iesdepastoriza.edu.es

  6. No asunto débese indicar a categoría: A (primeiro e segundo)  ou B (teceiro e cuarto). Non esquezades escribir o nome do participante ou do colectivo.

        Haberá grandes premios!

mércores, 20 de xaneiro de 2021

 


Audiolibros en inglés en Open Culture


           Neste enderezo podes atopar 1000 audiolibros gratuitos dos máis coñecidos títulos

           de todos os  tempos. Por probar non perdes nada! Anímate!

    

             https://www.openculture.com/freeaudiobooks


 


martes, 13 de outubro de 2020

 







¡ABRIMOS!




Hoxe no recreo abrimos as nosas portas nun esforzo por manter a nosa actividade presencial.
Sen a vosa colaboración non vai ser posible, así que vos pedimos 
moito respeto ás novas normas que vos fomos explicando polas aulas. 
Estamos desexando vervos de novo.
¡Pronto volveremos con moitas actividades!


mércores, 30 de setembro de 2020

BIBLIOTECA: COMING SOON!! XA FALTA MENOS PARA ABRIR.

 


Estamos de volta con moita ilusión por volver a vernos nos recreos. 

Este curso a Biblioteca será a de sempre mais debido á situación sanitaria, haberá algúns cambios coa finalidade de poder seguir abertos nun entorno seguro. Non se trata de que as encargadas da Biblioteca se vaian parecer á boneca da foto, mais sí haberá unhas normas novas que deberedes coñecer.  Abriremos tan axiña como todo estea listo e vos avisemos.

                                            

          1.- Cando toque o timbre do recreo, podes baixar e situarte nunha das marcas azúis que hai nas paredes no corredor a carón da Biblioteca. Só hai 18 números, porque só temos 18 prazas. Se non conseguiches praza, podes intentalo outro día.

           2.- Ao entrar, limpa as mans con xel e senta no posto co número no que estabas agardando no corredor. A encargada da Biblioteca anotará o número onde sentaches para levar control de quén estivo e onde sentou.

           3.- Este ano non podes usar os xogos da Biblio. Podes traer os teus apuntamentos ou libros e estudar, ler ou traballar. Non podes pasear pola estancia, nin remexer nas estanterías, nin falar cxs compañeirxs. Se precisas algo da encargada, achégate á mesa pero permanece na marca do chan.

           4.- Se cansas, podes marchar mais non podes volver a entrar. Tampouco pode entrar ninguén que non estivera facendo cola ao principio do recreo. Trátase de que non haxa persoas circulando polos corredores.

           5.- Se queres pedir un libro, debes meter unha nota co título, nome completo, curso e número de lector nunha caixa que deixaremos na porta. Os libros pídense os luns e martes.

           6.- Para recollelos, podes vir mércores e xoves. 

           7- Para devolver os libros, podes deixalos nas caixas que estarán dispoñibles.


 




          

 

           

      

 



luns, 27 de abril de 2020




VIVINDO DETRÁS DAS VENTANAS



Levamos xa moito tempo vivindo detrás das ventanas, mais un anaquiño delas empeza a 
abrir pouco a pouco e fai que a nosa imaxinación empece a voar e vexamos mais cerca a 
 vida do outro lado. Foi un traballo de todxs que comenza a dar os seus froitos. Moito ánimo!
        
 Queremos falar de actividades relacionadas coa Biblioteca que mantivemos neste tempo e de outras que se viron adiadas pero intentaremos abordar cando podamos.

 O CLUBE DE LECTURA  A nora dos libros   que coordina Gloria, deixouvos na aula virtual a viaxe imaxinaria de Xulio Verne arredor do mundo cun mapa para que non vos perdades. Ademáis colgouvos unha bonita curta na conmemoración do día do libro para que o poidades disfrutar.

O CLUBE DE LETRAS Cousadela seguirá tamén traballando. unha proposta moi interesante é a do profesor Carlos de Artaza cun traballo sobre a muller na Idade Media no contexto do feudalismo.

Desafortunadamente, non foi posible a celebración do tradicional torneo de Xadrez de primavera. Tan pronto como podamos, o organizaremos. Queda ademáis pendente a visita da escritora Isabel Molina e a reedición do taller de escrita utilizando plumas naturáis, o concurso de citas de Shakespeare, e unha lectura de citas do mesmo autor, así como a representación da escena do balcón de Romeo e Xulieta...
Outra vez será.

Seguimos avanzando. Moita forza e moito ánimo!! 





      

mércores, 4 de marzo de 2020

                  



                                CHEGARON AS NOVIDADES PARA O 8 DE MARZO 
                                                         
                                       FELIZ DÍA DA MULLER TRABALLADORA
  



                


                                                 DIA DE ROSALÍA NO NOSO INSTITUTO
                                                     
     
                



luns, 2 de marzo de 2020




                                           NOVIDADES EN BANDA DESEÑADA
                         
                          Seguen a chegar novidades en banda deseñada á Biblioteca do IESPAS.
                          Nesta ocasión presentámolas acompañadas de dúas caricaturas feitas por
                          David Pintor nunha visita ao noso Instituto. E quen serán ?





             

                CONCURSO DE SOBREMESAS DE ANTROIDO 2020

                    Xa chegou o concurso máis doce do ano: o de sobremesas de antroido.
                    Velaí as delicias elaboradas polo alumnado. O primeiro premio foi para
                    Yerai Río e as súas "Pedras de Antroido". Boísimas!!
                     Noraboa a todxs xs participantes!!



                         

mércores, 19 de febreiro de 2020



                        DENDE O 14 DE FEBREIRO,

                            ATOPANDO O AMOR

                                NA BIBLIOTECA

                                  Queres dicir o que sentes e non sabes como facelo?
                                  Estás desexando vivir unha bonita historia de amor?
                                  Non sabes como ligar, mais gustaríache aprender?

                                              A RESPOSTA ESTÁ NOS LIBROS.



venres, 20 de decembro de 2019

Felices Festas dende a Biblioteca do IES de Pastoriza

 
              Que o Ano 2020 vos leve por camiños de felicidade, 
              e que os libros vos axuden a non apartarvos deles. 


                  

Entrega dos Premios de Narrativa Breve H.P. Lovecraft



                     O alumnado de 3º ESO participou nun concurso de CREEPYPASTAS inspirados no                             imaxinario de Lovecraft, que foi o noso escritor durante do mes en Novembro.
             
                     Tiñan que crear un relato breve de medo en Lingua Inglesa, e traducilo ao Rhyelian;
                      un idioma creado por Lovecraft presente en moitas das súas creacións.

                     As gañadoras foron Uxía Calvete de 3º B e Aitana Real de 3ºC, que posan cos seus
                     premios. PARABENS!