ENTREGADOS OS PREMIOS DO CONCURSO DE PODCAST
"DIME QUE ME QUERES"
CLUBE DE LECTURA DE PROFES
![]() |
Por iniciativa da coordinadora, este ano creouse un club de lectura de profes.
Imos polo segundo libro. No primeiro trimestre tocounos "Vestido de Novia"
de Pierre Lemaitre.
Este trimestre andamos mergullados na lectura de"Perdida" de Gillian Flynn.
Por causa da pandemia, facemos reunións virtuáis: un tempo de encontro ó
redor da literatura que todxs agradecemos.
Bases:
Obxectivo: Contribuír a desenvolver a capacidade expresiva, a orixinalidade creativa e a educación emocional.
Participantes: O concurso está aberto a todo o alumnado, e haberá dúas categorías:
A) Primeiro e segundo de ESO,
B) Terceiro e cuarto.
Pódense presentar podcasts individuáis ou colectivos.
Cada participante ou grupo, deberá crear un deseño único para este concurso coas seguintes características:
-Trátase de facer unha declaración de amor ou de amizade a unha persoa real ou imaxinaria.
- Pódese empregar o galego, español, inglés ou francés indistintamente.
- O podcast non pode durar máis de tres minutos.
Prazo e modalidade de entrega: o ficheiro débese enviar antes do 18 de febreiro antes das 11:15 ao enderezo de correo biblioteca@iesdepastoriza.edu.
No asunto débese indicar a categoría: A (primeiro e segundo) ou B (teceiro e cuarto). Non esquezades escribir o nome do participante ou do colectivo.
Haberá grandes premios!
Estamos de volta con moita ilusión por volver a vernos nos recreos.
Este curso a Biblioteca será a de sempre mais debido á situación sanitaria, haberá algúns cambios coa finalidade de poder seguir abertos nun entorno seguro. Non se trata de que as encargadas da Biblioteca se vaian parecer á boneca da foto, mais sí haberá unhas normas novas que deberedes coñecer. Abriremos tan axiña como todo estea listo e vos avisemos.
1.- Cando toque o timbre do recreo, podes baixar e situarte nunha das marcas azúis que hai nas paredes no corredor a carón da Biblioteca. Só hai 18 números, porque só temos 18 prazas. Se non conseguiches praza, podes intentalo outro día.
2.- Ao entrar, limpa as mans con xel e senta no posto co número no que estabas agardando no corredor. A encargada da Biblioteca anotará o número onde sentaches para levar control de quén estivo e onde sentou.
3.- Este ano non podes usar os xogos da Biblio. Podes traer os teus apuntamentos ou libros e estudar, ler ou traballar. Non podes pasear pola estancia, nin remexer nas estanterías, nin falar cxs compañeirxs. Se precisas algo da encargada, achégate á mesa pero permanece na marca do chan.
4.- Se cansas, podes marchar mais non podes volver a entrar. Tampouco pode entrar ninguén que non estivera facendo cola ao principio do recreo. Trátase de que non haxa persoas circulando polos corredores.
5.- Se queres pedir un libro, debes meter unha nota co título, nome completo, curso e número de lector nunha caixa que deixaremos na porta. Os libros pídense os luns e martes.
6.- Para recollelos, podes vir mércores e xoves.
7- Para devolver os libros, podes deixalos nas caixas que estarán dispoñibles.