VIVINDO DETRÁS DAS VENTANAS
Levamos xa moito tempo vivindo detrás das ventanas, mais un anaquiño delas empeza a
abrir pouco a pouco e fai que a nosa imaxinación empece a voar e vexamos mais cerca a
vida do outro lado. Foi un traballo de todxs que comenza a dar os seus froitos. Moito ánimo!
Queremos falar de actividades relacionadas coa Biblioteca que mantivemos neste tempo e de outras que se viron adiadas pero intentaremos abordar cando podamos.
O CLUBE DE LECTURA A nora dos libros que coordina Gloria, deixouvos na aula virtual a viaxe imaxinaria de Xulio Verne arredor do mundo cun mapa para que non vos perdades. Ademáis colgouvos unha bonita curta na conmemoración do día do libro para que o poidades disfrutar.
O CLUBE DE LETRAS Cousadela seguirá tamén traballando. unha proposta moi interesante é a do profesor Carlos de Artaza cun traballo sobre a muller na Idade Media no contexto do feudalismo.
Desafortunadamente, non foi posible a celebración do tradicional torneo de Xadrez de primavera. Tan pronto como podamos, o organizaremos. Queda ademáis pendente a visita da escritora Isabel Molina e a reedición do taller de escrita utilizando plumas naturáis, o concurso de citas de Shakespeare, e unha lectura de citas do mesmo autor, así como a representación da escena do balcón de Romeo e Xulieta...
Outra vez será.
Seguimos avanzando. Moita forza e moito ánimo!!